[*] laboratorio audiovisual onde se desenvolven ferramentas de comunicación baseadas na experimentación multimedia [sic]
vídeo, videoclip, video-arte, instalación, exposición, exhibición, eventos, espazos, tipografía dixital, e-book, redes sociais, naming, multimedia, novos soportes, tecnoloxía móbil [sic]
división do estudio de deseño gráfico e comunicación
uqui ||||| cebra [sic]
Porto de Amio, 20 - 981 576201
15707 - Santiago de Compostela
Micropezas, proxecto 1812_2012
admin — Mar, 03/06/2012 - 10:57
Micropezas realizadas sobre as obras de Marina Núñez, Abigail Lazkoz, Carme Nogueira e Azucena Vieites, para o proxecto "1812_2012. Una mirada contemporánea" organizado por AC/E (Acción Cultural Española) e comisariado por Jorge Díez con motivo da celebración do Bicentenario da Constitución de 1812.
Distopía literal, Abigail Lazkoz
Abigail Lazkoz reúne en Distopía literal 200 textos de máis de 50 países e de diversas orixes (militares, artísticas, biográficas, científicas...) que mostran como evolucionou o concepto da felicidade desde 1812, o ano da promulgación da Constitución de Cádiz, ata os nosos días.
A intervención "Organismo" de Marina Nuñez recrea na utopía de que o Estado ampare e promova os dereitos dos seus cidadáns. Basado en catro videoproxeccións que cubriron o total da semiesfera do Centro Niemeyer (Avilés), estaba concebido como un cadro en movemento.
Conversacións sobre a instalación de Carme Nogueira
Esta instalación é un proxecto de Carme Nogueira directamente ligado á idea de relixión, xa que a Católica era a única admitida na Constitución de 1812 a pesar de que na historia de España –e Toledo sería un caso exemplar– houbo unha convivencia complexa, aínda que non igualitaria, entre musulmáns, católicos e xudeus. Neste vídeo, un grupo de expertos comenta esta obra creada para o proxecto 1812_2012. Una mirada contemporánea.
Coloring Book de Azucena Vieites
Azucena Vieites ven desenrolando desde fai tempo un proceso que consiste en debuxar e traballar a partir de técnicas o modo de facer dos "femzines" (fanzines feministas). Ditas publicacións editadas no contexto da cultura do "fágao vostede mesmo" teñen a súa xenealoxía noutros movementos políticos, sociais ou artísticos como o dadaísmo, o punk, ou os movementos de liberación feministas e LGTB.
Agora no marco de "1812_2012. Una mirada contemporánea" a artista proponse ampliar dita experiencia cun obradoiro cuxos resultados plasmaranse nunha publicación que recollerá todas as intervencións artísticas incluidas no proxecto, co que a propia publicación convertirase nun novo espazo intervido.
Rías Baixas. Territorio Gastronómico
admin — Xov, 01/19/2012 - 16:16
Este proxecto ten como eixo vertebrador unha publicación homónima, coordinada por Uqui Permui e Marta Lucio, que recorre este lugar onde o mar entra co seu sinuoso perfil e provoca un hábitat especial para a reprodución de determinados peixes e mariscos, e un microclima propio para a terra: as Rías Baixas. Un territorio cunha determinada forma de entender e crear a gastronomía.
O libro introdúcenos por medio de entrevistas, realizadas polos escritores Manuel Gago e Jorge Guitián, na cociña de nove prestixiosos cociñeiros: Alberto González de Silabario, Rafa Centeno de Maruja Limón, Iñaki Bretal e Roberto Filgueira de Eirado da Leña, Pablo Romero de Allo e Aceite, Pepe Solla, Xosé T. Cannas de Pepe Vieira, Yayo Daporta, Antonio Botana de Pandemonium e Javier Olleros de Culler de Pau, que nos falan dos seus procesos creativos.
Os nove cociñeiros detallan ademais vinteseis receitas fotografadas por Francesc Guillamet. Un libro de autor, perfecto para aqueles que queiran, non só descubrir, senón saborear este lugar. Rías Baixas. Territorio Gastronómico recibiu o Gourmand CookBook Award na súa edición española na modalidade de cociña local, optando ao premio internacional do mesmo que se fallará en París en marzo deste ano.
Doli, doli, doli... Coas conserveiras. Rexistro de traballo
admin — Ven, 02/18/2011 - 13:09
En 1989, preto de cen mulleres, catro delas en folga de fame, pecháronse na fábrica de Odosa, na Illa de Arousa, como protesta ao peche inminente da fábrica de conservas. Mentres estiveron pechadas gravaron un documental contando o que estaba sucedendo. A partir dese material, realicei este novo documental que narra a historia contada polas mesmas protagonistas, mesturando pasado co presente.
Longametraxe documental dirixida por Uqui Permui, gravada durante o 2009 e 2010. Co apoio da Agadic.
Proxeccións:
2012
Santiago de Compostela | Mércores 1 de febreiro | 21.30 h | Cineclube de Compostela
León | Do 23 de xuño de 2012 ao 6 de xaneiro de 2013 | Musac
"Genealogías feministas en el arte español: 1960-2010"
2011
A Coruña | 18 de marzo | Casa-Museo de Emilia Pardo Bazán
(Estrea)
Santiago de Compostela | Xoves 31 de marzo | 19.30 h | CSC do Ensanche
(Organiza Andaina. Revista de pensamento feminista)
A Coruña | Xoves 7 de abril | 10.30 h | Facultade de Socioloxía
(Ciclo de cine documental "Unha ollada ao social galego")
Illa de Arousa | Domingo 17 de abril
(Presentación)
(Ciclo de cine documental "Unha ollada ao social galego")
Vigo | Xoves 28 de abril | 20.00 h | MARCO
(Presentación da revista A Festa da Palabra Silenciada)
A Coruña | 21 de maio | 18.00 h | CGAI
Barcelona | 26 de maio-5 de xuño
Festival de Films de Dones de Barcelona
Lugo | 17 de xuño | Museo provincial
O Carballiño (Ourense) | 11, 12, 13 e 14 de setembro
Xociviga. Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia
A Coruña | 14 de setembro | 12.00 h
Normal, Espazo de Intervención Cultural da UDC
Cuenca | 24 de novembro
Semana Internacional de Cine de Cuenca "Mujeres en dirección"
Santiago de Compostela | 24 de novembro | 21.15 h
Cineuropa
Prensa:
Texto de El País
Entrevista diario cultural, con Ana Romaní
Zig Zag Diario | 24 de novembro - minuto 9.19
Co relato podemos facernos unha idea de como era e como é o traballo nas fábricas de conserva e a relación laboral das mulleres. Rexistro de traballo pretende deixar constancia do traballo destas mulleres das que, cando a fábrica ameazaba con pechar, non apareceu testemuña documental de que levasen trinta, e algunhas corenta anos empregadas alí.
Son mulleres que denuncian como o traballo das conserveiras se considerou sempre un complemento do salario do seus compañeiros e non un salario en si mesmo, aínda que moitas vivan elas e os seus fillos unicamente deses ingresos.
Unha historia de solidariedade e de empuxe por conseguir a dignidade.
Loli Romero Cores Luz García Vigo Benita García Dios Carmen Ferro Dios Mar Suárez Manteiga Oliva Dios Núñez Mª Jesús Dios Núñez Carmen Outeda Castro (A Meca) Mari Carmen Miguéns Castro Juana Rial Blanco Carmen Barreiro Maria Xosé Molina Teresa Rodríguez
Agradecementos A todas as traballadoras da fábrica de Odosa. Ao sindicato OTTS (Organización de Traballadoras e Traballadores do Salnés) polo documental e material gráfico, gravado e editado por Miguel Rozas Álvarez e irmáns.
A Mariluz García Vigo, Loli Romero, Carmen Ferro, Mar Suárez, María Xosé Molina, Anxela Caramés, Carme Nogueira, María Ruido, Suso Vega, X. Carlos Hidaldo, Xacio R. Baño e Antón Díaz.
Ao concello da Illa de Arousa. A Conservas Dardo, S.L., onde se gravou a xornada laboral, e a todas as traballadoras de Dardo.
E ás traballadoras de Alfageme de Bouzas e Vilaxóan.
Dirección e realización: Uqui Permui.
Música orixinal: Xesús Valle.
Cámaras: Uqui Permui e Xacio R. Baño.
Posprodución: Darío Fernández.
Produce: [sic] laboratorio audiovisual.
Coa colaboración da AGADIC.
Cabeceira "Ao fío do retrato"
admin — Lun, 08/30/2010 - 12:39
Cabeceira para a serie documental “Ao fío do retrato”, producida por Ibisa TV para a TVG. Cada programa presenta un personaxe da vida social e cultural de Galicia a través de retratos e conversas co fotógrafo Anxo Cabada. Para a realización da cabeceira partiuse de fotografía fixa sobre a que vai desenvolvendo a gráfica, guiada por un novelo que tamén se converte en texto. A música orixinal é de Rodrigo Romaní.
La 8 - CCG
A principios de xullo fumos grabar á Rosa dos Ventos, nas inmediacións da Torre de Hércules, o espectáculo de danza "La 8" a cargo do Centro Coreográfico Galego (CCG).
Fixemos a posprodución da peza tanto en imaxe coma en son con dous produtos finais: unha promo de cinco (5) minutos e por outra banda o espectáculo enteiro de vinte (20) minutos de duración.
![[sic]](/themes/deco/logo.png)








